Agregar a fuentes preferidas

Cultura

‘Cantareira’, Palabra do Ano 2024

· A votación popular promovida pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié rematou coa elección da voz que designa as protagonistas das Letras Galegas 2025, unha celebración que recoñecerá o papel feminino na creación e transmisión da poesía popular oral e da lingua · O público decantouse maioritariamente por palabras patrimoniais, con ‘meu, miña’, ‘fala’ e

Compartir

20241227-Cantareira-3200x1800-PalabradoAno

·       A votación popular promovida pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié rematou coa elección da voz que designa as protagonistas das Letras Galegas 2025, unha celebración que recoñecerá o papel feminino na creación e transmisión da poesía popular oral e da lingua

·       O público decantouse maioritariamente por palabras patrimoniais, con ‘meu, miña’, ‘fala’ e ‘aparvar(se)’ como seguintes propostas máis votadas 

A Coruña, venres 27 de decembro de 2024.- A Palabra do Ano 2024 soa a poesía e música, a gana de compartir bos momentos, a voz feminina e colectiva, a lingua propia. Cantareira impúxose na votación popular promovida pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié a través do Portal das Palabras, nunha chamada colectiva a ollar con ilusión cara ao futuro cando está a piques de comezar un novo período de doce meses no Galicia enteira lles ha render homenaxe ás mulleres que ao longo dos séculos mantiveron vivo, transmitiron e arrequeceron o cancioneiro popular e o idioma do país.

A palabra cantareira(s) designa as protagonistas do Día das Letras Galegas 2025, festa que a Real Academia Galega dedicará á poesía popular oral e ás mulleres que cantan e crean cantigas. O anuncio o pasado mes de xullo desta decisión acadou unha enorme repercusión social, seguramente sen precedentes, que amosa o recoñecemento da súa contribución á creación e á conservación dun tesouro patrimonial colectivo, no que poesía e música son dúas partes indisolubles. Mais a acollida desta elección tamén apela ás novas xeracións de intérpretes e creadoras e creadores que beben deste herdo dun pobo que segue a cantar en galego, e que atopa nesta forma de expresión unha maneira contemporánea e vivificadora de proxectar no mundo toda a súa creatividade e potencia cultural, que ten como cerna a lingua galega.

A celebración do vindeiro 17 de maio personificarase nas figuras de Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía) e en tres das cinco Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños), Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e mais Manuela Lema Villar, por seren as que faleceron hai máis dunha década. As tocadoras de Cerceda e Malpica foron parte das 600 persoas informantes do Cancioneiro popular galego publicado nos anos 80 do século pasado pola musicóloga Dorothé Schubarth (1944-2023) e o académico Antón Santamarina, que recolle dende cantos de labor, de Nadal e Reis ou arrolos ata parrafeos, regueifas e romances, todos eles vivos aínda na memoria de mulleres e homes que medraran nunha sociedade tradicional. A investigadora suíza, tras pasar uns meses en Andalucía e o País Valencià, chegou a Galicia en 1978 á procura de melodías arcaicas. O que atopou abraiouna de tal maneira que ficou ata 1986 gravando cantos en aldeas de oitenta e oito concellos, para o que contou co apoio económico fundamental dunha bolsa de Fundación Barrié, entidade que se ocupou ademais da edición da obra.

 

Voces patrimoniais con usos novos e de sempre

Na primeira acepción do dicionario da RAG, cantareiro, -a define a persoa que sabe cantar ou afeccionada a facelo e ten como sinónimos cantadeiro, -a, cantador, -a e cantaruxeiro, -a. Como adxectivo, esta voz ten unha segunda acepción similar, “que emite un son agradable e melodioso”, pero a Palabra do Ano 2024 refírese á forma substantivada cantareira, que se aplica á muller que canta cantigas populares. O termo créase en todos os casos sobre o verbo cantar, que procede do equivalente latino cantare.

Cantareira, co 25 % dos votos, foi a palabra que obtivo máis apoios das persoas participantes nunha elección na que o público se decantou maioritariamente polas opcións patrimoniais. A segunda opción máis elixida foi meu, miña, outra proposta que remite á oralidade e que apareceu entre as finalistas como alternativa de noso ao anglicismo *bro, apócope de brother (irmán). Este posesivo, no seu uso en vocativos ou exclamacións, acadou arredor do 23 % dos votos, cunha lixeira vantaxe sobre fala, que figurou entre as finalistas na segunda opción que recolle o Dicionario, “lingua natural propia dunha comunidade humana”. Cun resultado moi próximo obtivo a cuarta posición aparvar(se), vocábulo tradicional para se referir á preocupación polos efectos do consumo excesivo de contidos nas redes sociais. En quinto e sexto lugar quedaron dina, substantivo formado a partir do acrónimo da locución depresión illada en niveis altos, e o sintagma nominal emerxencia climática, respectivamente.

 

Un portal e unha aplicación para xogar coa lingua

O Portal das Palabras é o proxecto da RAG e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a divulgación da nosa lingua. Cada semana ofrece xogos e outros contidos divulgativos que conectan o léxico galego coa realidade cotiá e a actualidade dun xeito ameno. A palabra do día é outra das seccións deste espazo aberto ao diálogo coas persoas usuarias.

Dende 2014 o Portal das Palabras convida ademais a todas as persoas que o desexen a participar na escolla da Palabra do Ano. Nas edicións anteriores foron elixidas cibercarracho (2023) comadre (2022), tanxugueiras (2021), nós (2020), sentidiño (2019), deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016) —coincidindo co centenario das Irmandades da Fala—, refuxiado, -a (2015) e corrupción (2014).

Dentro das iniciativas compartidas para a difusión da lingua, a Real Academia Galega e a Fundación Barrié, ademais do Portal das Palabras ofrecen ao público o Ximnasio Léxico, unha aplicación de xogos do Dicionario, dispoñible para dispositivos Android e iOS.

Compartir

qqqqq

El Día de Muertos es un acto de amor hacia los seres queridos que no están fisicamente. «Día de Muertos Málaga 2026» unirá México y Málaga.

Cultura

Redacción

​MÁLAGA, España.— Málaga volverá a acercarse a una de las tradiciones más representativas de la cultura mexicana con la celebración del Día de Muertos 2026. La iniciativa, concebida y coordinada por la periodista María Esther Beltrán Martínez, propone un programa cultural que conecta a México y España a través de la memoria, la vida y
067_2P6A3000

Cine, arte e identidad se abrazan en la imagen del 30º Festival de Málaga

Cultura

Redacción

Málaga, España.- ​El Festival de Málaga se prepara para celebrar una cifra redonda y emblemática: su 30ª edición, que tendrá lugar del 26 de febrero al 7 de marzo de 2027. Para conmemorar tres décadas de historia, la cita cinematográfica ha presentado un cartel que trasciende el diseño gráfico tradicional para convertirse en un genuino
logo-dia-de-muertos-recortado

Málaga inicia la antesala del Día de Muertos 2026 con cinco talleres

Cultura

Redacción

​​Málaga, España.– Como gran impulso previo a su programa oficial, la iniciativa cultural «Día de Muertos Málaga 2026», concebida y coordinada por la periodista mexicana María Esther Beltrán Martínez. Con la coordinación de talleres a cargo de Clara Belén Gómez y Luisa Ramos, arranca su agenda con un bloque especial de cinco talleres temáticos. ​En
20261001_112426

San Diego Comic-Con® Málaga 2026 cierra una segunda edición de éxito masivo con un salto de calidad organizativo y de contenidos

Cultura

Redacción

Colaboración : Claudia Santana ​MÁLAGA. — La segunda edición de la San Diego Comic-Con® Málaga concluyó este domingo tras un fin de semana multitudinario que confirma la consolidación del evento en el Palacio de Ferias y Congresos de Málaga (FYCMA), cita respaldada por la Junta de Andalucía y el Programa Feder Andalucía 2021-2027. La edición de