10.4 C
Málaga
jueves, diciembre 12, 2024
spot_imgspot_imgspot_imgspot_img

A Real Academia Galega celebra este xoves o Día da Poesía cun acto de homenaxe a Darío Xohán Cabana

spot_imgspot_imgspot_imgspot_img

Enviado por José Antonio Sierra

  • Fundación Luis Soeane acollerá o xoves 23 de marzo (19:00 horas) un acto público no que familia, amizades e outros creadores lles porán voz aos versos do escritor e académico
  • Lois Pérez converterá en canción tres poemas de quen foi un dos grandes autores das letras galegas contemporáneas

 A Coruña, martes 21 de marzo de 2023.- Darío Xohán Cabana  (1952-2021) será o protagonista da conmemoración do Día da Poesía da Real Academia Galega. A institución renderalle homenaxe este xoves, 23 de marzo, nun acto no que familia, amizades e outros creadores recitarán versos do escritor e académico, unha das grandes voces das letras galegas contemporáneas. A celebración, de entrada libre, terá lugar na Fundación Luis Seoane (San Francisco, 27 – A Coruña) e poderá seguirse tamén en directo dende academia.gal e a canle de Youtube da RAG.

O público recibirá a plaquette Darío Xohán Cabana, estirpe de labradores, un volume coordinado pola directora da Sección de Literatura da Academia, Marilar Aleixandre, que reúne os poemas escolmados e os textos sobre Darío Xohán Cabana e a súa obra escritos para a ocasión polas persoas que tomarán a palabra. O Día da Poesía conta co apoio da Deputación da Coruña.

Tras a apertura do acto a cargo do presidente da Academia, Víctor F. Freixanes, e Marilar Aleixandre, a secretaria da institución e compañeira de xeración de Darío Xohán Cabana, Margarita Ledo Andión, pronunciará a loanza do homenaxeado nun serán que conducirá a académica de número Ana Romaní. Deseguido, a tamén compañeira de corporación Chus Pato e Marilar Aleixandre recitarán poemas do escritor xunto a Pepe Barro, Marica Campo, Xoán Ramiro Cuba, Xosé María Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira, María Alonso Seisdedos e mais Alexandra Cabana Outeiro, filla de Darío Xohán Cabana. A súa poesía escoitarase ademais arroupada pola música nunha actuación de Lois Pérez.

Do contido social ao mundo máis persoal

Darío Xohán Cabana cultivou case todos os xéneros en máis de corenta títulos dirixidos tanto ao público adulto coma ao máis novo, entre os que destacan obras como Galván en Saor (1989), un dos grandes éxitos da narrativa galega das últimas décadas, pero comezou a súa traxectoria literaria como poeta. En 1970  publicou o seu primeiro libro de poemas, Home e terra, na colección Val de Lemos de Ediciós Xistral, dirixida polo tamén chairego Manuel María, o seu mestre poético. Ese mesmo ano autoeditou Verbas a un irmao e tres máis tarde vería a luz Romanceiro da Terra Chá na colección Pico Sagro da Editorial Castrelos, dirixida por outro dos seus referentes, Xosé María Álvarez Blázquez, para quen traballou nese selo editorial vigués entre 1971 e 1975.

No legado poético do autor conviven o contido social e as vivencias máis persoais, mentres que na forma Darío Xohán Cabana sempre sobresaíu polo seu gusto polos versos clásicos, dende os máis populares de Romanceiro da Terra Chá aos sonetos de Patria do mar. Con este último libro acadou no ano 1983 o Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago de Compostela, que volveu gañar en 1986 con Amor e tempo liso. Os premios Cidade de Ourense, Cidade de Lugo ou o Martín Codax son outros galardóns que recibiu como poeta por títulos como A fraga amurallada, VIII fragmentos, Vidas senlleiras e Canta de cerca a morte (1994). Cabalgada na brétema, saído do prelo en 2006, foi a súa última obra de poesía editada.

Sigue nuestras noticias

Recibe nuestros boletines

Conoce nuestra   COMUNIDAD 

Redacción
Redacción
Redacción incluye las notas publicadas por nuestro equipo más las que provienen de agencias de prensa y comunicados institucionales.

Artículos relacionados

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

1.985 Seguidores
Seguir

Vivimos en redes

7,525FansMe gusta
1,996SeguidoresSeguir
1,514SeguidoresSeguir
- Publicidad-

Últimos artículos

×
Ir a la barra de herramientas